Gala

Gala Torrente Ballester – Palabra e Música

Vinculado ao premio Torrente Ballester de narrativa, desenvolverase un acto musical e audiovisual, con proxección dun vídeo centrado na vida e obra do escritor e coa actuación posterior do Coro da Universidade Sénior de Ferrol.

O acto terá dúas partes. Na primeira, a palabra a porá Torrente Ballester cun ameno vídeo de 20 minutos, no que fala da súa vida e da súa obra. Na segunda, a música correrá a cargo do Coro da Universidade Sénior de Ferrol, cunha actuación de aproximadamente unha hora. Interpretará música galega, portuguesa, hispanoamericana e habaneras. A duración será de hora e media.

Web: dacoruna.gal

Prezo: Gratis



DATAS E HORARIOS

  • Venres, 7 de Decembro de 2018 | 19:30