Música

Orquesta Gaos: GAOS de cine!

NADAL NO COLÓN

 

A Orquestra Gaos presenta un concerto moi especial para este Nadal coas bandas sonoras de películas como Star Wars, Jurassic Park, Harry Potter ou Batman, nun concerto no que as sorpresas non faltarán…


IMPORTANTE

 

A nova normativa establecida polas autoridades sanitarias obriga aos espectadores de eventos artísticos en recintos cun aforo superior a 200 persoas a presentar documentación que acredite unha das seguintes circunstancias:

-Que recibiron a pauta completa dunha vacina contra a COVID-19 para a cal se concedeu unha autorización de comercialización, de conformidade co Regulamento (CE) nº 726/2004.

-Que dispoñen dunha proba diagnóstica negativa realizada nas últimas 72 horas, no caso das PCR, e 48 horas, no caso dos test de antíxenos. No caso dos test rápidos de antíxenos, deberán estar enumerados na lista común e actualizada de test rápidos de antíxenos da COVID-19 establecida sobre a base da Recomendación 2021/C 24/01, do
Consello de Europa.

-Que o titular se recuperou dunha infección polo SARS-CoV-2 nos últimos 6 meses. Para iso, a persoa deberá ter sido diagnosticada como caso confirmado da COVID-19 hai 11 días ou máis mediante unha proba PCR, e non é válido outro tipo de test.

Esta obriga estará vixente dende o 18 de decembro ata o 18 de xaneiro, tal e como recolle a orde publicada no Diario Oficial de Galicia: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211217/AnuncioC3K1-151221-1_gl.html