Música

GIL DO CARMO, presentación do seu novo disco ‘A Uma Voz’

EVENTO PATROCINADO POR

logos_delta

 

Gil do Carmo, fillo e neto de fadistas medra no seo dunha familia onde a música impregna a identidade, pero cedo traza o seu propio camiño, conxugando tradición con abordaxes menos convencionais e creando un sentido estético singular e persoal.

Aos 19 anos parte para os Estados Unidos onde estuda nas prestixiosas escolas Musiciens Institute, en Los Angeles e na Berklee College of Music, en Boston.

Aventúrase en nome propio coa edición de “Mil Histórias” (1997). “Eléctrico em Lisboa”, “Tentação Demais” e “Tu Morres Todos os Dias” (inédito de Zeca Afonso e Ivan Lins) son algúns dos temas máis exitosos do disco, que conta coa colaboración de Miguel Sá Pessoa.

Un ano despois lanza “Nus Teus Olhos”, coa participación de Júlio Pereira, Tito Paris e Laurent Filipe. Temas como “Abre a Janela da Dor”, “Encontrado” e “B.leza” asegúranlle a conquista do seu primeiro Disco de Prata.

En detrimento da edición discográfica, dedícase ao seu bar “Speakeasy”, onde actúa regularmente e promove músicos e cantores lusófonos. Continua a compor para a súa banda e para artistas de renome como Mariza, Donna Maria ou Carlos do Carmo. Manten o contacto co seu público en concertos, sobretudo, en territorio nacional.

Reaparece con “Sisal” (2008), disco en que asume definitivamente a mistura e a fusión da multiculturalidade que abraza países de referencia como Angola, Brasil e Cabo Verde. O Atlántico e a Língua Portuguesa son base de partida para o encuadramento lusófono en que Gil do Carmo fai cuestión de navegar/ compor.

En “Sisal”, que contou coa participación de Bernardo Couto, Bernardo Sassetti, Fernando Araújo, Pedro Jóia, Rão Kyao, Sara Tavares, Vicky e a Orquestra Sinfonietta de Lisboa, encontramos os temas “Madres de Goa” e “Carta Quente”, así como “E Se Esta Noite”, “Na Maré de Ti” e “Secreto Segredo” que fixeron parte de bandas sonoras de novelas da TVI.

Despois de “Mil Histórias”, “Nus Teus Olhos” e “Sisal”, Gil do Carmo encóntrase a preparar o seu cuarto traballo discográfico. Resultante de anos de maduración, o novo proxecto “A Uma Voz” traducirá a espontaneidade e autenticidade do registro acústico da guitarra portuguesa, do acordeón e da voz, nunha sonoridade que apenas nos remete para Gil do Carmo.

 Cristina Matos

Prezo: ANTICIPADA: 10 € (VR) / 12€. DÍA FUNCIÓN: 12 € (VR) /15 €
Duración: 120 minutos

Calificación: TP

DATAS E HORARIOS

  • Xoves, 21 de Maio de 2015 | 21:00

SINOPSE

Conxugando a tradición de Lisboa e do Fado con abordaxes menos convencionais como o jazz, Gil do Carmo crea un sentido estético singular e persoal. Resultante de anos de maduración, o novo disco "A Uma Voz" traduce a espontaneidade e a autenticidade do registro acústico da guitarra portuguesa, do acordeón e da voz, nunha sonoridade única