Maxia

Gran Gala Internacional de Maxia Galicia Ilusiona

Un ano máis, chega a GRAN GALA INTERNACIONAL DE MAXIA GALICIA ILUSIONA, o evento máxico máis agardado do ano. Os mellores ilusionistas do planeta reunidos sobre un mesmo escenario para ofrecer un espectáculo sen igual.

6 ilusionistas chegados dende diferentes partes do mundo representando os seus famosos actos que os levaron a recibir premios e galardóns a nivel internacional. A edición 2026 contará con:

  • Murphy (Madrid): Será un ano máis o gran mestre de cerimonias. O showman perfecto para conducir e dar paso aos mellores números de maxia do mundo.
  • An Ha Lim (Corea do Sur): Considerado o rei dos naipes. Foi un auténtico pioneiro na manipulación de cartas, unha faceta de máxima complexidade. Máis de 1.500 naipes aparecen na punta dos seus dedos dun xeito totalmente alucinante.
  • Diego & Elena (Madrid): Unha parella que revolucionou a maxia ao mesturar acrobacias aéreas con quick change (cambio ultrarrápido de vestiario). Un número inédito onde a maxia acontece nas alturas.
  • Tony Frebourg (Francia): Por vez primeira en Galicia, chega un artista que ostenta 9 récords Guinness a nivel mundial e numerosos premios internacionais. Un número máxico onde a técnica máis depurada con diábolos é a protagonista.
  • Didak (Barcelona): Carisma, ritmo, mocidade, alto impacto… A mestura perfecta! Este ilusionista catalán será o encargado de poñer en escea a maxia das grandes ilusións. Aparicións, desaparicións ou transformacións imposibles, maxia de gran formato!
  • Bonjin Koo (China): O auténtico mestre dunha disciplina moi difícil de ver hoxe en día e que require dunha preparación de moitos anos: O cambio de máscaras chinesas. Un arte milenario propio da ópera china onde numerosas máscaras pasan de xeito imposible pola cara deste gran artista.
Prezo: 14€ | 16€ | 18€ | 20€ | 42€



DATAS E HORARIOS

  • Venres, 20 de Novembro de 2026 | 18:00
  • Venres, 20 de Novembro de 2026 | 21:00
  • Sábado, 21 de Novembro de 2026 | 12:00
  • Sábado, 21 de Novembro de 2026 | 18:00
  • Sábado, 21 de Novembro de 2026 | 21:00