Teatro

Helena Salgueiro: Come and go. Dramatícula No 121-127

PROGRAMACIÓN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

 

Unha versión dun dos textos menos coñecidos do dramaturgo irlandés Samuel Beckett, Come and Go. Dentro dunha estética minimalista e expresionista, nun non-lugar onde o tempo parece distenderse, tres mulleres conversan con linguaxe e xestos, formando unha coreografía espacial, arrodeadas de imaxes fragmentadas, fotogramas e sensores de movemento. Segundo a crítica, esta é a peza máis “perfecta do autor”. As intérpretes completarán a obra orixinal mediante investigación física de laboratorio, conformando unha peza escénica procesual.


IMPORTANTE

 

A nova normativa establecida polas autoridades sanitarias obriga aos espectadores de eventos artísticos en recintos cun aforo superior a 200 persoas a presentar documentación que acredite unha das seguintes circunstancias:

-Que recibiron a pauta completa dunha vacina contra a COVID-19 para a cal se concedeu unha autorización de comercialización, de conformidade co Regulamento (CE) nº 726/2004.

-Que dispoñen dunha proba diagnóstica negativa realizada nas últimas 72 horas, no caso das PCR, e 48 horas, no caso dos test de antíxenos. No caso dos test rápidos de antíxenos, deberán estar enumerados na lista común e actualizada de test rápidos de antíxenos da COVID-19 establecida sobre a base da Recomendación 2021/C 24/01, do
Consello de Europa.

-Que o titular se recuperou dunha infección polo SARS-CoV-2 nos últimos 6 meses. Para iso, a persoa deberá ter sido diagnosticada como caso confirmado da COVID-19 hai 11 días ou máis mediante unha proba PCR, e non é válido outro tipo de test.

Esta obriga estará vixente dende o 18 de decembro ata o 18 de xaneiro, tal e como recolle a orde publicada no Diario Oficial de Galicia: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211217/AnuncioC3K1-151221-1_gl.html