CONEXIÓNS -Música

Homenaxe a Pepe Temprano

Pepe Temprano nace en A Coruña en 1940. Os seus comezos na música tradicional teñen a súa orixe na familia. De pai gaiteiro e tamborileiro, tío gaiteiro e avó acordeonista, Pepe Temprano creceu escoitando “Os Tempranos de Eirís da Cruña”, o primeiro cuarteto de gaitas que houbo en A Coruña e As Mariñas e que atopou en Pepe o relevo xeracional.

Na súa prolífica vida como gaiteiro, tocou en multitude de escolas e grupos. Tocou nos Tempranos de Eirís, na Fábrica de Tabacos, na Asociación de Coros e Danzas Eidos, Aturuxo, Coros e Danzas da Sección Feminina, e practicamente en todos os grupos de A Coruña. Como el dí, “coa gaita ao lombo” percorreu o mundo tocando en multitude de lugares; Porto Rico, Miami, Bos Aires, París, Bélxica, Holanda, Nova York e por suposto por todo o país.

Home polifacético onde os haxa, Pepe Temprano, tamén foi actor, chegando a rodar unha treintena de spots publicitarios. Pepe tamén é un coleccionista nato, e dise que atesoura unha das coleccións tanto discográficas como de instrumentos mais extensa de Galicia, todas auténticas xoias a través das cales foi cultivando un intenso coñecemento sobre a nosa música.

Con esta Homenaxe queremos amosarlle o agradecemento e cariño que lle temos todas as persoas que estamos no ámbito do folclore. Pero tamén servirá como recoñecemento a toda unha vida dedicada a nosa música cunha traxectoria histórica de enorme calidade artística, recoñecemento que lle fará a Real Academia de Belas Artes, outorgándolle a Medalla de Prata “Marcial del Adalid”.

Prezo: Gratuíto, é necesario retirar a entrada na billeteira do Teatro. Consultar horario na zona entradas desta mesma web.



DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 28 de Outubro de 2017 | 20:00