Música

Homenaxe a Sito Sedes

A música da Coruña, en homenaxe a Sito Sedes

Sito Sedes é un mito da música galega. Unha voz elegante, preciosista. Para moitas xeracións, sinónimo de verdadeira emoción dende o alto do palco da festa.

Sempre quixo ser cantante. E culminou ese soño –felicidade total- na orquestra das orquestras: Os Satélites.

Criouse en Sillobre (e quéreo moito). Mais a súa forma de interpretar, a súa estética, está plenamente identificada con esta cidade.

Era ben tempo de lle entregar unha gran aperta colectiva de cariño a quen tanta beleza nos ten regalado. Sito Sedes -xunto co seu mestre, Pucho Boedo- é a máis alta expresión da escola da canción coruñesa.

Prezo: Gratis, previa retirada de invitación.



DATAS E HORARIOS

  • Domingo, 9 de Decembro de 2018 | 20:30