Cine

I Semana do Cinema Galego – O que arde

I Semana do Cinema Galego

 

O que arde, de Oliver Laxe.

Ninguén agarda a Amador cando sae da cadea tras cumprir condena por ter provocado un incendio. Regresa á súa casa, unha aldea perdida das montañas lucenses, onde volverá convivir coa súa nai Benedicta, a súa cadela Luna e as súas tres vacas. As súas vidas transcorren ao ritmo sosegado da natureza, ata que todo cambia cando un lume violento arrasa a zona.

Curtametraxe: París #1, de Oliver Laxe.

Invitados:

  • Amador Arias, actor protagonista.
  • Xavi Font, produtor.
  • Martin Pawley, crítico y ensayista cinematográfico y creador de la definición de ‘Novo cinema galego’.

I SEMANA DO CINEMA GALEGO

O Teatro Colón exhibirá do 6 ao 9 de Febreiro os cinco filmes candidatos aos premios Mestre Mateo 2020. Antes de cada película proxectarase unha curtametraxe previa do realizador para profundizar no seu traballo, e ao remate haberá un coloquio con invitados moi especiales.

En colaboración coa Academia Galega do Audiovisual.

Prezo: Acceso libre ata completar aforo

Idioma: Galego

DATAS E HORARIOS

  • Xoves, 6 de Febreiro de 2020 | 20:00

FICHA ARTÍSTICA

Título orixinal: O que arde
Dirección: Óliver Laxe
Ano de produción: 2019
Duración: 85 minutos
Idioma orixinal: Galego
Elenco: Amador Arias, Benedicta Sánchez