Música

Ismael Serrano: Seremos

ESPAZO DA BIODIVERSIDADE

 

Despois de sete anos desde o seu último álbum inédito, La llamada, e co exitoso lanzamento dos seus discos 20 anos. Hoy es siempre e Todavía, Ismael Serrano presenta Seremos, o esperado novo álbum inédito do cantautor madrileño co que se posicionou, durante as primeiras semanas, no nº 2 das listas de vendas.

Con este novo disco, Ismael Serrano lánzase á estrada para compartir cos seus seguidores estas novas cancións e os seus éxitos de sempre.

Seremos é unha viaxe de autodescubrimento. Un disco que representa un fito na carreira de Ismael Serrano, como expresa o xornalista Manuel Jabois na súa biografía: “Por aí enténdense estas trece cancións que levantan un corpus extraordinario, o dun poeta en estado de graza que se sacode as contradicións e destrúe os clichés onde os prexuízos máis preguiceiros o inclúen”.

Segundo palabras do propio Serrano: “Aínda que case sempre as cancións adoitan render tributo ao pasado, hai melodías e versos que teñen vocación de futuro. Creo que este disco comparte esa mirada”.

Acompañado de Jacob Sureda (piano) e Irene Rouco (cello), Ismael Serrano preséntanos un concerto nun formato máis íntimo, máis teatral, para contar novas historias, con outros tempos, con outras cancións, con outra mirada.