Música

Jonh Mayall

SELECCIÓN NOROESTE

85th Anniversary Tour

John Mayall (Macclesfield, Cheshire, 21 de novembro de 1933) comezou desde moi novo a desenvolver a súa propia personalidade musical e converteuse, xunto a Alexis Korner, en precursor da invasión do blues británico. Amante do blues de Chicago, Mayall fundou o seu primeiro grupo en 1955, The Powerhouse Four, e posteriormente a súa banda máis coñecida, The Bluesbreakers, na que contou coa colaboración de guitarristas novos como Eric Clapton, Peter Green e Mick Taylor, entre outros.

John Mayall, mestre do blues e figura clave na música contemporánea, publicou xa máis de 60 álbums, moitos dos cales supuxeron novos patróns dentro do rock blues e contaron con estupendas críticas e aceptación por parte do público, como Behind The Iron Curtain, Chicago Line ou Wake Up Call, Blues For the Lost Days e Padlock On The Blues.

O 85 th Anniversary Tour chega a España con parada en doce cidades e despois seguirá polo resto de Europa.

JOHN MAYALL: voz, teclados, guitarra, harmónica
Carolyn Wonderland: guitarras
Greg Rzab: baixo eléctrico
Jay Davenport: batería