Teatro

La comedia de las mentiras

Ciclo Teatro no Colón

Con Pepón Nieto, Paco Tous, Angy Fernández, Raúl Jiménez, José Troncoso, Marta Guerras e María Barranco.

Atenas. Dous irmáns, Hipólita e Leónidas, están namorados. Ela dun mozo chamado Tíndaro, el dunha moza chamada Ximnasia, que, con todo, é… frautista. Pero nin Tíndaro nin Ximnasia son as parellas que o pai de Hipólita e Leónidas, un avaro recalcitrante, comerciante de viños, panos e iras, desexa para os seus fillos. Actualmente, atópase de viaxe de negocios. E deixou a cargo da casa a súa irmá Cántara, a tía solteirona que leva máis de corenta anos agardando a Filemón, o seu amor de mocidade, que un día saíu mercar figos e xa non volveu.

Hipólita quere fuxir con Tíndaro, non sen antes conseguir a dote que o seu pai se nega a pagar. Como conseguilo? Mentindo.
Leónidas quere fuxir con Ximnasia porque un tal Degollus, xeneral macedonio, comprouna para o seu uso e goce, e pretende levarlla. Como conseguilo? Mentindo.

Calídoro, escravo para todo, que coidou e viu medrar os dous irmáns, que, como di el mesmo «só lle faltou darlles a teta», vese obrigado a axudalos. Como? Mentindo.

Mentres tanto, Cántara, despois de tantos anos de abstinencia, decide pasar de todo e botarlle peito ao se namorar dun mozo chamado Titinio, que na realidade non se chama Titinio, porque Titinio mente.

E aparece Degollus, que tampouco resulta ser quen di ser, porque, claro, el tamén mente.

E a todas estas mentiras, sumémoslles moitos piratas e un vello chamado Póstumo, e a Tiberia, sempre fisgona e rabiosa, e unha nai misteriosa, que non se sabe moi ben que foi dela, e unhas cantas luriñas, e peras, moitas peras, e os marabillosos versos de Safo, e aínda máis mentiras. Mentiras todas elas urdidas para que o sangue non chegue ao río e triunfe o amor. Ah, e para que Calidoro, pobre, non acabe recibindo os paus como sempre. Aínda que, xa se sabe que, sendo escravo, non vai ser fácil.

Prezo: Principal (fila 1): 16€ / Principal: 18€ / Palcos laterais: 22€ / Palco central e platea: 26€



DATAS E HORARIOS

  • Venres, 9 de Novembro de 2018 | 20:30