Teatro

La última tourné

Despois de tres anos de éxito nos teatro de España coas comedias musicais ‘El amor está en el aire’ e ‘El amor sigue en el aire’, o autor e director Félix Sabrosos e Seda Producciones repiten coa mesma troupe de artistas. Cun novo e luminoso montaxe, unha nova comedia musical. Bibiana Fernández, Alaska, Mario Vaquerizo, Manuel Bandera, Marisol Muriel, Cayetano Fernández e algún invitado sorpresa.

A principios dos anos noventa España vivía unha explosión de crecemento, a democracia consolidábase e situábamosnos ante unha burbuxa de modernidade e enriquecemento. Preparábamos a Expo 92 e as Olimpiadas de Barcelona. O mundo tiña os ollos postos en nós, mentras lle dábamos as costas a unha crise mundial que obviamente chegounos tamén. Todo ese breve barniz de modernidade ocultaba unha idiosincrasia patrica, ‘chusquera’ mentirosa na que a picaresca e a horterada do novo rico brillaban por doquier.

Este marco é o elexido para esta nova función de tono vodevilesco, na que Norberto Pinti (Manuel Bandera) é un director, autor e produtor que rexenta unha pequena compañía portátil de variedades que recorre os pobos de España en xiras lustrosas e populares. Tras vinte anos de éxitos vivindo no faranduleo nómada, descobren que os xéneros que tocan empezan a desfasarse.

Comezan os Noventa e España despega economicamente e mira a Europa e ao futuro. Cando se lles cae unha xira de verán, Norberto decide que deben renovarse ou morrer, o espectáculo está a cambiar, hai que facer teatro comprometido, arte de verdade, acabáronse as Varietés, as vedettes. É tempo de elevarse á arte. Cando Norberto decide montar con elevadas intencións ‘La comedia sin título de Lorca’, a compañía dispérsase e seguirán a Norberto só catro de eles, ademais dun domador de perros con vocación de cantante folclórico, Tino Velasco (Cayetano Fernández).

Prezo: 35€



DATAS E HORARIOS

  • Xoves, 23 de Xaneiro de 2020 | 20:30
  • Venres, 24 de Xaneiro de 2020 | 20:30

FICHA ARTÍSTICA

(Español) Autor e Director: Félix Sabroso

Reparto:
Alaska é Paca Castellón
Manuel Bandera é Norberto Pinti
Bibiana Fernández é Miranda Vega
Mario Vaquerizo é Enzo Marini
Marisol Muriel é Chelo Mir
Cayetano Fernández é Tino Velasco