Teatro

Loles León: Una noche con ella

TEATRO NO COLÓN

 

Pasar unha noite con Loles León significa facer un percorrido polo últimos cincuenta anos da nosa historia. Unha viaxe pola súa vida, polos seus momentos máis amargos e polos máis alegres, por situacións tan divertidas como absurdas. Recordos cheos de emoción que, a través da música (o cabaret, o music hall) trasladarannos a distintas épocas. Pero, como ela di ao comezo da función: “Se non che gustan cousas da túa vida, quen dixo que non as poidas cambiar para representalas nun escenario”.

Unha noite con ela contén un oitenta por cen de realidade e un vinte por cen de ficción, pero ELA xamais confesará o que é verdade e o que é mentira. É o espectador quen debe pescudalo.

Durante a 1.30 h do espectáculo, Loles, xunto a dous mozos bailaríns/actores e dous músicos en directo, espirá a súa alma e dará renda solta á súa lingua mordaz. Cantará e bailará para que o espectador lembre Esa noite con ela como algo inesquecible.


IMPORTANTE

 

A nova normativa establecida polas autoridades sanitarias obriga aos espectadores de eventos artísticos en recintos cun aforo superior a 200 persoas a presentar documentación que acredite unha das seguintes circunstancias:

-Que recibiron a pauta completa dunha vacina contra a COVID-19 para a cal se concedeu unha autorización de comercialización, de conformidade co Regulamento (CE) nº 726/2004.

-Que dispoñen dunha proba diagnóstica negativa realizada nas últimas 72 horas, no caso das PCR, e 48 horas, no caso dos test de antíxenos. No caso dos test rápidos de antíxenos, deberán estar enumerados na lista común e actualizada de test rápidos de antíxenos da COVID-19 establecida sobre a base da Recomendación 2021/C 24/01, do
Consello de Europa.

-Que o titular se recuperou dunha infección polo SARS-CoV-2 nos últimos 6 meses. Para iso, a persoa deberá ter sido diagnosticada como caso confirmado da COVID-19 hai 11 días ou máis mediante unha proba PCR, e non é válido outro tipo de test.

Esta obriga estará vixente dende o 18 de decembro ata o 18 de xaneiro, tal e como recolle a orde publicada no Diario Oficial de Galicia: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211217/AnuncioC3K1-151221-1_gl.html