Danza

Maestro Rodrigo

Coprodución da Fundación Vitoria e Joaquín Rodrigo e o Centro Coreográfico Galego.

Ballet inspirado na vida e obra do compositor Joaquín Rodrigo cando se cumpren 20 anos do seu falecemento.

Neste ballet nárrase a vida dun home que logra superar unha discapacidade física como é a cegueira e triunfar, converténdose nun dos nosos compositores máis universais.

O ballet percorre parte da súa vida desde a súa nenez, o seu paso por Francia e o regreso a España en 1939.

Unha narración ilustrada por medio da danza con numerosos fragmentos das obras de Joaquín Rodrigo máis aló do Concerto de Aranxuez.

Música: Joaquín Rodrigo
Coreografía: M. Suárez/ K. Tindall

Bailarines
Joaquín niño: Xurxo Pena
Joaquín hombre: J. Miguel Hernández
Victoria Kamhi: Julia Méndez
La madre: Silvana Sestelo
Rosalía Vázquez, Paula Ripoll, Cristina Amor, Natalia García, Dayron
Rodríguez, Germán G. Flores.