Música

MAIOJAZZ: Xan Campos Trío

PROGRAMACIÓN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA | MAIOJAZZ: XAN CAMPOS TRÍO – REALISMO

 

Xan Campos lidera dende hai máis de 15 anos o seu proxecto máis persoal, Xan Campos Trío, unha proposta de jazz contemporáneo difícil de etiquetar e en continua ebulición, unha viaxe que comparte con Horacio García no contrabaixo e Iago Fernández na batería.

REALISMO é o terceiro traballo da banda despois de ORIXE CERO e ECTROPÍA, recoñecidos pola crítica e o público pola súa orixinalidade e por conseguir sentar as bases dun estilo propio máis alá deste xénero musical. Con este novo disco consolídanse como unha das bandas máis estables á vangarda do novo jazz deste século.