Cine Musical

MAMMA MÍA SING-ALONG

CINE MUSICAL CON ANIMACIÓN

VERSIÓN DOBRADA. *Por motivos alleos á organización, Mamma Mía! exhibirase con show previo e animación en directo, pero non con subtítulos de karaoke durante as cancións.

Gustaríache ser o protagonista da túa película favorita? Sing-Along dáche a oportunidade de sentirte como o actor principal da túa historia preferida, cantando e bailando todas as cancións dun título mítico. Cantarás e bailarás todos os temas da película coa axuda dos animadores, que che ensinarán as coreografías e os coros principais das cancións.

A historia da película é moi coñecida. Unha moza (Amanda Seyfried) que foi educada por unha nai rebelde e pouco convencional (Meryl Streep), séntese frustrada porque non coñece a identidade do seu pai. Cando por fin parece que a moza está a punto de coñecelo, aparecen tres posibles candidatos: Pierce Brosnan, Colin Firth e Stellan Skarsgard. Mamma Mía! é unha versión do musical escénico que se representou en todo o mundo e cuxo maior atractivo son as cancións de ABBA. Na produción cinematográfica, Meryl Streep logra unha as actuacións máis desenfadadas de toda a súa carreira. O éxito da película foi tal que, en países como Reino Unido, esta comedia ambientada nunha illa grega deixou atrás os récords de ‘Titanic’.

Fai doblete de Sing-Along e obtén un prezo reducido nas túas entradas!

*Prezo para ‘Mamma Mía Sing-Along’e ‘Moulin Rouge Sing-Along’: ANTICIPADA: 18€. DÍA FUNCIÓN: 20€

Prezo: ANTICIPADA: 10€ (VR) / 12€. DÍA FUNCIÓN: 12€ (VR) / 15€
Duración: 128 minutos

Calificación: TP

DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 11 de Marzo de 2017 | 20:00