Teatro

Manar. A derradeira caravana

PROGRAMACIÓN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

 

Homenaxe a Lino Braxe. Presentación da edición bilingüe de Manar por Alexandrina Fernández Otero. Representación de Manar. A derradeira caravana pola Compañía Proscrito, con texto e dirección de Lino Braxe.

Sinopse: Unha muller árabe, vítima dunha guerra que golpea o seu país, sobrevive nun campo de refuxados sirio. Dende este espacio de dor e pobreza evoca o seu pasado, a súa xuventude, a felicidade perdida, a súa familia, os seus amores, os seus anhelos, as súas esperanzas, a danza, a música, a poesía. Unha habitante da dor.