María de Buenos Aires, a lendaria operita-tango de Astor Piazzolla e Horacio Ferrer, chega nunha impactante versión contemporánea na que música en directo, danza, teatro e electrónica fúndense nun universo poético, escuro e profundamente evocador. A través da figura de María, muller convertida en mito, o espectáculo percorre unha viaxe de desexo, violencia, identidade e renacemento no Buenos Aires máis simbólico e nocturno.
Encabezan esta proposta a artista multidisciplinar emerxente Teresa Garzón, tamén responsable da dirección escénica e a coreografía, e o recoñecido barítono galego Borja Quiza, que achega toda a súa forza vocal e escénica a unha posta en escena de gran potencia visual e emocional.
María de Buenos Aires