Música

María Toro Cuarteto

MAIO JAZZ | PROGRAMACIÓN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

 

María Toro nace en 1979 na Coruña, e desde os oito anos non se separa máis da sua frauta. Despois de obter o título superior e facer incursións na música tradicional galega e portuguesa, comeza o seu interese polo jazz e outras músicas populares, o que a leva a irse para Madrid no 2005 para combinar o seu traballo cos estudos na Escuela de Música Creativa. Neses anos Toro recibe premios e bolsas de estudos e asiste a prestixiosos cursos por toda Europa, con profesores tal como Jorge Rossy, Michael Kanan, Peter Bernstein e Benny Golson, entre outros.
Tras sacar un 1º disco en New York e o 2º no Brasil, sempre rodeándose de grandes nomes do jazz internacional, lanza agora o seu 3º album, Fume, facendoo xa de volta na súa terra e pechando así unha triloxía.

E precisamente este, Fume, será o traballo que María Toro presentará no Teatro Colón o domingo 30 de maio neste proxecto que presentamos. En dito concerto acompañarase dos 3 músicos que gravaron con ela este novo disco.

 

Prezo: De balde.
CONVITES ESGOTADOS



DATAS E HORARIOS

  • Domingo, 30 de Maio de 2021 | 20:00