Comedia

A mariscada dos idiotas

ENCONTRO MUNDIAL DE HUMORISMO (EMHU)

 

A MARISCADA DOS IDIOTAS é un espectáculo de leóns e tigres pero sen xaula nen domador. Ou máis ben, unha banda de trapecistas que esa noite van traballar sen rede. Porque isto é o que van facer: saír ao escenario e ver que pasa… Porque David Perdomo, JJ Vaquero e Álex Clavero terás que convencer a Javier Veiga e David Amor de que merecen sentarse á mesa e o público será o xuíz. Estamos seguros ao xuntar a estes tipos de dúas coudas: a primeira é que o público que se achegue ao Teatro Colón vai rir sen parar durante un par de horas. A segunda é que os que van rir de verdade son os camareiros do restaurante no que vaia cear esta tropa… Pero, eso si, que avisen en casa que van chegar tarde, porque vai ser boa!

David Amor (Salceda de Caselas, Pontevedra, 1980) é un monologuista que tras unha ampla experiencia na TVG, saltou á fama nacional con El Club del Chiste e máis recentemente con Tu cara me suena, Gym Tony e as súas aparicións en Zapeando. Na actualidade o galego coas mans máis grandes que coñecemos atópase percorrendo toda a xeografía nacional co seu espectáculo de stand up comedy e é un habitual da Gran Vía madrileña en Las Noches del Club de la Comedia.

Javier Veiga (O Grove, Pontevedra, 1973) é un dos artistas máis prolíficos, licenciado na RESAD de Madrid, destacou en diversas disciplinas como dirección, tanto en teatro coma en televisión, ademais de como actor de teatro, cine e TV. É recordado como o primeiro presentado de El Club de la Comedia. Os seus traballos máis sobranceiros como protagonista foron as películas ‘El año de la garrapata’ ou ‘Muertos de amor’. E as series ‘7 vidas’, ‘Moncloa ¿dígame?’ e ‘7 días al desnudo’.

J.J. Vaquero (Valladolid, 1973) é un cómico e guionista que realizou varios monólogos en Nuevos Cómicos (Paramount Comedy), Sopa de Gansos (Cuatro TV), El Hormiguero (Antena 3), El Club de la Comedia (La Sexta), Versión Española (TVE)… Traballou en guión para Los Goya (29ª, 30ª e 31ª edición), El Hormiguero (Antena 3), No es un sábado cualquiera (TVE), Gala de Nochebuena con Dani Martín (TVE).

Álex Clavero (Valladolid, 1981) é un monologuista que empezou a moverse polas principais salas de comedia en 2001. Dende entón non parou de xirar, traballando en radio, TV e teatro, amosando o seu particular punto de vista sobre a vida. En radio estivo no programa Protagonistas (Punto Radio CyL). Foi colaborador con Nuria Roca en Lo mejor que te puede pasar (Melodía FM) e actualmente é El FrancotiraRock do programa El Pirata e a súa Banda (Rock FM).

David Perdomo (A Coruña, 1979) formouse en Casa Hamlet e na compañía Estragón, coa que xirou por toda España, para especializarse despois no humor e a comedia da man de Manicómicos e Escola do Trinque. Durante dous anos viaxou a Avignon ao Festival Internacional de Teatro a presentar traballos e a formarse con xente da talla de Leo Bassi. En 2009, xunto a Alberto Castaño, crea S Koruño, unha parodia da sociedade coruñesa coa que logrou unha lexión de seguidores, arredor de 50.000 entre tódalas súas redes sociais. Nos últimos ano labrouse un nome na televisión autonómica, en programas de tanto éxito como Land Rober e Ecce Perdomo, espazo que volverá este 2019 para estrearse na Televisión de Galicia.

Prezo: 16€ | 18€ | 20€
Duración: 90 minutos
Idioma: Castelán-Galego
Calificación: +16

DATAS E HORARIOS

  • Venres, 17 de Maio de 2019 | 22:30