Teatro

MATANZA

Esta peza de corte contemporáneo preséntanos dous porcos momentos antes de ser acoitelados polo matachín.

Prezo: 8 € / 6 € (VR)
Duración: 70 minutos

Calificación: + 14

DATAS E HORARIOS

  • Domingo, 12 de Outubro de 2014 | 19:00

SINOPSE

En principio, nada excepcional xa que a todo porco lle chega o seu San Martiño tal e como reza o dito, pero na realidade de Matanza, estes porcos falan, pensan e senten como calquera de nós. O que os diferencia do resto é que son porcos e por este feito están destinados a ser sacrificados para alimentar a súa comunidade. Matanza transcorre nun lugar irreal que bebe da nosa realidade, crea unha ficción que toma como referencia a idiosincrasia galega, o seu humor e xeito de entender o mundo. Son continuas as referencias á nosa cultura popular e nelas atopamos as claves da peza. Matanza é unha peza sustentada no traballo actoral. Nela hai violencia e intriga pero tamén humor negro e acedo que quebra a peza e leva o espectador da traxedia á comedia durante 70 minutos en que os tres actores non abandonan a escena

FICHA ARTÍSTICA

INTÉRPRETES. Omar Ferrín, Celia González, Tone Martínez. DIRECCIÓN E DRAMATURXÍA. Beatriz Campos. ESCENOGRAFÍA. Lau Iturralde. TEXTO. Roberto Salgueiro. COMPAÑÍA. Triatreros.