MATINAIS - Cine
EVENTO INFANTIL INFANTIL

Mostra Internacional de Cine Infantil

Urdime

Sesión 1 (12.00 h). De 4 a 7 anos. Caderno de viaxes. Atención pasaxeiras e pasaxeiros porque entramos no terreo da fantasía. Aquí coñeceredes a seres máxicos, algúns até monstruosos, chegados de alén dos sete mares e dos recunchos máis inhóspitos. É este un espazo para os soños, o misterio e a aventura. Haberá narración en sala para guiarnos na tarefa de esclarecer o descoñecido. Filmes: Conto de mantiña, O corcovado e o cisne, Charlot, Illas xemelgas, Por que se ten que poñer o sol?

Sesión 2 (13.00 h). + de 7 anos. Exploracións. Aos 7 anos o mundo é moi complexo, en especial porque non sempre entendemos a eses estraños seres que son os maiores, nin eles parecen entendernos a nós. Esta estación está dedicada aos conflitos e historias de nenas, nenos e o seu contorno máis próximo. Filmes: O meu neno interior, Neno grande, O principiño, Estraño impar, A xogar!

Todos os filmes da mostra foron candidatos ao Premio Buxainas que se concedeu no festival de cinema internacional “Cinema Crianza” para público maior de 3 anos celebrado no Concello de Ames.