CONEXIÓNS - Concerto

Músicas Inclusivas e Participativas

Asociación Cultural Tres por Catro

Músicas inclusivas e participativas nace da unión da Asociación Cultural Tres por Catro xunto co músico, compositor e Técnico Sociosanitario, Robert Pier. En 2016 presentaron “O poder curativo dos Mantras”, terapia musical enfocada para a diversidade, que se fundamenta no coñecemento e interiorización dos mantras que o artista e terapeuta creou para interpretar cos seus  compañeir@s. Esta iniciativa foi apoiada pola Fundación  Emalcsa e o Concello da Coruña.

Na actualidade, dada a positiva acollida do anterior proxecto, a iniciativa volve ser apoiada e ampliada, esta vez a 7 entidades sociais da Coruña: ADCOR, CAPD, AIND, ONCE, ADACECO, GRUMICO e COGAMI xunto coa inestimable colaboración da Banda Municipal de Música da Coruña,  interpretando os  Mantras de Robert Pier, con arranxos de Simón García, e o coro Ludus Tonalis e o Grupo Vocal EntrElas.

Un espectáculo ecléctico no que se aprecia a excelencia da musica e a beleza na diversidade, baixo un repertorio conformado de 2 suites de 4 pezas /  Mantras cada unha e a canción “Diversos funcionais” creadas por Robert  Pier e Simón García con moito mimo e sentir inclusivo.