CICLO MÚSICAS POSÍBEIS | PROGRAMACIÓN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Danza Luz é unha proposta escénica creada pola cantante e compositora galega Leticia Rey que combina música en directo, danza contemporánea e creación visual nun espectáculo de forte carácter sensorial. Partindo do concepto da sombra como parte inseparable da experiencia humana, a artista constrúe unha viaxe emocional que explora a perda, o duelo, a transformación e a esperanza. A través dunha coidada posta en escena, a música convértese nun espazo de encontro entre luz e escuridade, entre vulnerabilidade e beleza. Acompañada por un conxunto de músicos e unha intérprete de danza contemporánea, Leticia Rey presenta unha creación interdisciplinar que integra son, movemento, iluminación e escenografía nun universo artístico coherente e evocador.
Prezo: 4€ | 6€ | 8€ Duración: Aproximadamente 75-90 minutos
Músicas Posíbeis | Danza Luz, de Leticia Rey