Familiar

A Nena e o grilo máis aló

EN FAMILIA

 

Magin Blanco

A última e máis recente entrega de A nena e o grilo, o musical infantil máis aclamado do panorama galego, chega aos teatros. Nesta última creación de Magín Blanco e Teatro Ghazafelhos A nena e o grilo corren novas aventuras. Se queredes descubrilas tedes que estar atentas. A nena e o grilo esmagan sen querer á súa amiga Xertrude a araña, Buscando un xeito de devolverlle a vida atópanse cuns artistas ambulantes que os guiarán a través da maxia e da música ao país dos mortos onde tentarán atopar a Xertrude para traela de volta. A Nena e grilo mais aló é unha historia divertida e evocadora que nos transporta ás buscas máis insólitas… Que pasa logo da morte?


DATAS E HORARIOS

  • Domingo, 6 de Decembro de 2020 | 18:00

FICHA ARTÍSTICA

Actores/actrices: Teatro Ghazafehos
Pepablo Patinho, Montse Piñón, Jorge Casas.
Magín – guitarra e voz
Cristian Legiero – teclado