Teatro

A noiva de don Quixote

Emedous Producións e Distribucións

Despois da morte de don Quixote, as esperanzas de Dulcinea do Toboso de casar coma Deus manda están case tan desaparecidas coma o fidalgo. E aínda máis se en realidade te chamas Aldonza Lorenzo, non es dama, nova nin bela, e traballas de camareira nun mesón cervantino, preto da autovía, nalgún lugar da Mancha. Dulcinea disponse a atravesar o seu particular dó no que se rebela contra a personaxe que Cervantes lle atribuíu na novela. Con humor, con ironía, con emoción e con descrenza, desvela algúns insospeitados acontecementos que non aparecen no Quixote, en especial a misteriosa historia de amor entre unha pastora que lle murmura ás ovellas e un fidalgo que le novelas de cabalarías. Pero talvez o principal misterio sexa a verdadeira identidade que se agocha tras a propia Aldonza…

Prezo: Palcos VL: 6 € / Principal: 9 € / Palcos centrais: 12 € / Platea: 15 €



DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 27 de Xaneiro de 2018 | 20:30