Norte Cinema Galego | Camiños de pedra + Identidades nas marxes
NORTE CINEMA DIVERSO
19h. Camiños de pedra
Mi primera comunión (11’)
Dirección: Ángel Villahermosa
Intérpretes: Lucas Alcázar, Pablo Martín, Luis Miguel Torrecillas
Orixe e ano: España, 2024
Temática: Comedia, Relixión, G, B
A medida que Pablo se namora do monaguillo Sebastián, descobre que Deus se converte nun obstáculo para a súa relación de varias maneiras.
Chemsex, un viaje al interior (70’)
Dirección: Emman Demar
Orixe e ano: España, 2025
Temática: Documental, G, Drogas, Saúde mental, VIH e ETS
Documental que mergulla na complexa realidade do chemsex, é dicir, do uso de drogas para unha práctica sexual intensiva, predominantemente entre homes, desde unha perspectiva íntima, social e profundamente humana. Unha viaxe emocional e colectiva que convida a comprender, educar e construír pontes de empatía fronte a unha realidade invisible, urxente e decisiva para a saúde sexual e o benestar.
Invitados: Paco Novo (Fundación 26 de Diciembre), Jenifer Rubial (CASCO), Juan Bonome (CASCO) e unha psicóloga de ALAS.
21h. Identidades nas marxes
Pietra (13’)
Dirección: Cynthia Levitan
Orixe e ano: Portugal, 2024
Temática: Animación, Maiores, T
Soñando esperta con relacións improbables, a flor, tan delicada como revolucionaria, representa un acto de amor no medio da asfixia e o abrazo dun clásico barrio portugués.
Algo novo que contar (20’)
Dirección: Paula Pereira
Intérpretes: Elsa Comesaña, Manu Estévez, Alixa Ladson, Grial Montes
Orixe e ano: Galicia, 2025
Temática: Drama, L, B
Xoana pasa o verán cunhas amigas, entre as que está Emma, unha moza coa que mantén un romance. Xoana é virxe e sente medo ante a idea de avanzar. Os seus pensamentos dificultan progresar xunto a Emma.
Pez al agua (9’)
Dirección: Cándida Massielle Asencio Doñe
Intérpretes: Nicole Blanc, Selene Chiquero
Orixe e ano: España, 2025
Temática: Drama, L, B
Gabriela, unha nadadora profesional, convida a súa compañeira sentimental, Mariana, a saltar desde o trampolín máis alto da cidade. A invitación reflicte o desexo de dar un paso máis na relación, pero fai evidentes as inseguridades de Mariana, o que leva a Gabriela a reformular a situación e desistir do intento.
Corren las liebres (71’)
Dirección: Lorena Ros
Orixe e ano: España, 2026
Temática: Documental, Trans, Realidades étnicas, Sen fogar
Tras dez anos de condena, Noa, muller xitana trans de 48 anos, tenta empezar de novo e recuperar a custodia dos seus fillos, tutelados polo Estado. Para logralo necesita unha casa, e está a piques de ser desafiuzada. Entre a precariedade e a resistencia, a solidariedade, a amizade, a arte e o humor axúdana a non renderse.
Invitados: Paco Novo (Rejas Rosas, Fundación 26 de Diciembre), Paula Pereira (directora) e Secretariado Gitano.