Monólogos

Nunca os olvidaremos – Dani Mateo, Raúl Cimas e JJ Vaquero

Ciclo Arrador da Lingua

Por primeira vez xúntanse sobre as mesmas táboas e baixo o mesmo teito estes tres grandes da comedia: Dani Mateo, Raúl Cimas e JJ Vaquero. Tres personalidades moi diferentes, tres formas de non parar de rir, tres puntos de vista.

Dani Mateo é o presentador de ‘Yu: no te pierdas nada’ na cadea ’40 Principales’. Así mesmo, é colaborador de ‘El Intermedio’. Actualmente é unha referencia da stand-up española.

Raúl Cimas é guionista e actor de ‘La hora chanante’, ‘Muchachada Nui’ e ‘Museo Coconut’. Ademais ten unha dilatada traxectoria como ilustrador e como creador de pezas audiovisuais como ‘Cine low cost’, ‘Ciudadano Juancar’ e a vídeo serie ‘Desmontanto a Dani Martín’.

JJ Vaquero é guionista e colaborador de ‘El Hormiguero’, guionista de ‘Los Goya’ e de ‘No es un sábado cualquiera’ de TVE e colaborador xunto con Raúl Cimas de ‘Cero en Historia’. Ademais, escoitámolo en programas de radio como ‘Yu: no te pierdas nada’ ou ‘Lo mejor que te puede pasar’.

Os tres son cómicos referentes e habituais de ‘El Club de la Comedia’ e viñeron a dalo todo sobre o escenario.

 

 

 

Prezo: Principal (fila 1): 18€ / Principal: 20€ / Palcos e platea: 23€



DATAS E HORARIOS

  • Venres, 19 de Outubro de 2018 | 20:30