MATINAIS -Música
EVENTO INFANTIL INFANTIL

O camiño dos paxaros

O novo espectáculo infantil de Magín Blanco

Prezo: Gratuíto, é necesario retirar a entrada na billeteira do Teatro. Consultar horario na zona entradas desta mesma web.



DATAS E HORARIOS

  • Domingo, 10 de Decembro de 2017 | 12:00

SINOPSE

“O Camiño dos Paxaros” é unha historia de superación persoal, contada a través da música e da interpretación, baseada na evolución dun personaxe que debe afrontar a dureza da vida, e loitar para coñecer os seus sentimentos e descubrir cal é o camiño que debe seguir para conseguir a felicidade. Con Marián Bañobre en escena acompañando as músicas de Magín Blanco, unha montaxe pensada para o desfrute do público familiar. Da dirección escénica encargarase nesta ocasión Santiago Cortegoso, e do deseño de imaxe Leandro Lamas.

FICHA ARTÍSTICA

DIRECCIÓN: Santiago Cortegoso. ELENCO: Magín Blanco e Marián Bañobre.