Familiar

O Gran Show

ARTES ESCÉNICAS

 

Espectáculo das Escolas Municipais de Baile Moderno e Flamenco de As Pontes.

A Escola Municipal de Danza do Concello de As Pontes ofrece o seu último espectáculo, “O Gran Show”, que recrea o ambiente da película “O gran showman”. Máis de 80 bailaríns das disciplinas de baile moderno e flamenco, xunto coa compañía de teatro O Catre, renden unha homenaxe ao circo e as súas personaxes. Este espectáculo foi representado nas Pontes en xuño de 2018 e xaneiro 2019 cunha gran resposta de público. Esta función, indicada para tódolos públicos, reflexa os valores de superación e non discriminación de persoas. A escola, dirixida por Jaime P. Díaz, coreógrafo e director da compañía de Novagalega de Danza, leva funcionando dende fai máis de 15 anos e subindo ao escenario diferentes representacións dos alumnos de danza clásica, flamenco e baile moderno.

Programación da Deputación da Coruña.


DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 25 de Maio de 2019 | 18:00