Teatro

O paseo das esfinxes

Manarte Producións.

Un camiño na procura da vida e do mar.

Teatro poético, contemporáneo e clásico a un tempo, tanto na concepción do marco escénico, plasticamente dinámico, como no tratamento da personaxe principal, Lisis.

A protagonista interpela ás sombras das esfinxes na evocación da infancia perdida, da emoción inocente do primeiro amor e dos desexos inefábeis que nela producía “aquela canción que falaba do mar”. Mais a súa voz, con convición e sen amargura, establece unha intensa comunicación co espectador cando expresa os sentimentos e reflexións que proporciona a elección dun camiño persoal autónomo e incerto.

Lisis, rebélase diante do destino que lle agarda e que lle deseñaron. Unha actitude vital que devén na procura de instantes de plenitude efémeros que se esvaen tan de présa como as ondas do mar borran as pegadas humanas deixadas sobre a area.

Prezo: Palcos laterais e VL: 4 € / Principal: 6 € / Palcos centrais: 8 € / Platea: 10 €



DATAS E HORARIOS

  • Mércores, 23 de Maio de 2018 | 20:30