Humor

OSWALDO DIGÓN: ANECDOLOGÍA

A anécdota contribúe a formar unha pequena historia de cada un de nos, esa pequena historia que de non ser por ese suceso curiosos e divertido quedaría sen rexistrar.

ANECDOLOGÍA é o rexistro das crónicas que escoitei, vivín e lin agardando que o aeroporto, viaxando en tren o sinxelamente sentado nunha cafetería. Non todas son auténtica, algunhas non aconteceron ou acontecéronlle a persoas diferentes a aquelas a quen se atribúen, pero todas teñen unha GRAN DOSE DE COMEDIA.

A anécdota é amable e anónima. É o humor polo humor coa vantaxe de ter sucedido e non ser únicamente filla da imaxinación… ou si… Iso se revelerá ao final de cada unha das historias e, créanme, a realidade sempre supera á ficción.

Ao relacionar as historias a través dos personaxes, os obxectos, os lugares onde suceden, unha leva á outra. Podería non parar nunca, pero so temos hora e media. Con toda seguridade, en máis dunha ocasión temos esperado máis tempo a que saíra o noso avión.

Prezo: Antes de 20.01.2017 10€ / (8€ V.R.) A partir de 21.01.2017 13€ / (11€ V.R.)
Duración: 100 Min.
Idioma: CAST.
Calificación: + 12

DATAS E HORARIOS

  • Venres, 27 de Xaneiro de 2017 | 20:30