Volve ao Teatro Colón o Festival de Contacontos en Inglés con propostas adaptadas a distintas idades e niveis de lingua. The Three Little Pigs está recomendado para un nivel básico, correspondente aos cursos de Educación Primaria. UNIDADE DIDÁCTICA

Tomando como base unha partitura orixinal do compositor galego Rogelio Groba, O Gato con Botas é unha produción de gran formato para o público infantil que une a herdanza da tradición oral, a música clásica interpretada en directo pola Orquestra de Cámara Galega e a escenografía por vídeo mapping creada por Qatrogatos e implementada por…

O Coro Gaos nace en outubro de 2010 como continuación do proxecto da Orquesta Gaos. Está constituído por 60 voces e todos eles teñen unha ampla experiencia en diferentes coros da comunidade. O seu repertorio é principalmente “a capella” aínda que tamén ten cabida a música sinfónico-coral. En xaneiro de 2011 fai a súa presentación…

Este texto pareceume belo, enxeñoso, sorprendente e sobro todo oportuno. Belo porque ten unha linguaxe elaborada pero trátase dunha prosa sinxela, unha prosa directa aos sentidos, á intelixencia e ao corazón. Un auténtico pracer escrito para ser dito, sentido e escoitado. Porque nesta función non se fala de amor senón que os personaxes namóranse, non…

Ferro Teatro é unha produtora teatral, nova e entusiasta que xorde da asociación de varios cantantes líricos profesionais de recoñecido prestixio e ampla experiencia neste ámbito. A súa pretensión básica é a creación do acto de ‘ir ao teatro’, utilizando como instrumento básico a difusión de valores, o humor e un traballo fresco, mozo e…

Noche de Reyes é un proxecto de espectáculo teatral completamente accesible, en todas as súas funcións, para persoas con discapacidade sensorial (xordos e cegos). A primeira novidade do noso proxecto é que é accesible desde a súa concepción, e polo tanto, todos os elementos, dende o deseño escenográfico ata o traballo dos actores, diríxense a…

CO APOIO DE O camiño percorrido por esta xoven bailaora mergúllase nas máis profundas raíces do flamenco, na procura de súa propia expresión e comprensión desta arte na que se sinte libre e sosegada collendo as rendas da escea, absorvéndoa e transportando ao espectador coa súa maxia. PASO A PASO é a síntese da súa…