Cine

Documental “Pedrón do Freixo”, de Ángel Cordero

Ciclo CINEMA EXPERIENCE

 

Estrea na Coruña

Saber vivir cun mesmo nun mundo que se perde.

Quen non coñece o pasado non pode saber o que perdeu. Do que foi a Galicia rural, pouco mais queda que un recordo.
José María Tojeiro, Pedrón, foi un sobrevivinte daquela forma de entender o mundo, como se a emigración ou o abandono do campo fosen igual que o paso do outono ao inverno, soamente un cambio ao que afacerse. A súa foi unha vida máis adaptada aos ciclos da natureza que as mudanzas da sociedade.

Un equipo de audiovisual, dirixido por Ángel Cordero, comezou a gravar, nas súas terras do Eume, hai 3 anos as actividades cotiáns e as lembranzas dun home enormemente vital, capaz de sobrepoñerse a todas as carencias.
O documental Pedrón do Freixo, estréase o sábado 26 de xaneiro no Teatro Colón, apenas 10 días despois de que o seu protagonista morrera aos 85 anos, no mesmo entorno no que naceu.

Prezo: Acceso gratuito ata completar aforo.



DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 26 de Xaneiro de 2019 | 20:00