Música

Peña

PROGRAMACIÓN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA: XULLO POP

 

Peña presenta dentro do ciclo o seu ‘Carreiro’, LP de debut, en formación clásica (guitarra eléctrica, acústica e violín) e onde presentará ademais as cancións do seu EP ‘Fórmula’ e algunhas pezas novas, todas elas arranxadas especificamente para o formato.

Logo de publicar un fermoso EP chamado ‘Fórmula’ o ano pasado ano, Peña volven agora con este, o seu primeiro traballo de estudio titulado ‘Carreiro’. Un debut sorprendente que supón toda unha revelación, xa non en termos de transcender o folkie, senón no que se refire a música contemporánea en galego.

Un álbum que funciona a xeito de novo retorno, de hipnótica chamada ao fogar ulterior: Espazo familiar onde se proxectan imaxes da nosa infancia, aínda que nelas atopemos algúns elementos sutilmente recolocados… non todo está onde estaba.