Música

Pitingo presenta Mestizo y Fronterizo

Ciclo da Biodiversidade

ESTREA NA CORUÑA
En colaboración co Cadena 100

“…MESTIZO Y FRONTERIZO… Unha superprodución, ao máis puro estilo americano, que non podes perder!”

“Contra o racismo e coa música pola interculturalidade”

Chámase Antonio Manuel Álvarez Vélez, coñéceno como Pitingo (fachendoso, en caló) e canta con acento baixo-andaluz, eco xitano, caste flamenca, alma de afroamericana querenza e sentido diferencial.

De aí naceu o seu propio estilo, a Soulería, que ten unha definición e queda esta recollida en ‘Flamenco de la A a Z. Diccionario de términos del flamenco’ (Espasa Calpe, 2007).

Ninguén ata Pitingo tivo esa dobre bagaxe flamenca e “souleira” de entidade. Iso, unido a unhas asombrosas facultades artísticas, que o dotaron dun talento vocal incomparable, un indiscutible dominio da escena e o seu aspecto inconfundible, converteron Pitingo en parte do imaxinario español, e abríronlle as portas ao mundo.

Pitingo é un mozo que reinventa os canons do flamenco con afinación, compás e coñecemento. Unhas credenciais a que engade a súa fecunda inventiva, para facer dunha emocionante idea, “o soul a ritmo de bulerías”, unha marabillosa realidade: “A SOULERÍA”.

Pitingo regresa aos escenarios de todo o mundo para estrear o seu novo traballo discográfico Mestizo y fronterizo. Para abrir boca, Pitingo preséntase cun primeiro single xunto a Sam Moore, lenda viva do Soul, para revisar o seu éxito Internacional ‘Soul Man’ no seu 50 aniversario. A canción gravouse nos míticos estudos Criteria de Miami baixo a produción do recoñecido compositor e produtor internacional Rudy Pérez.

Prezo: Principal (fila 1): 23€ / Principal: 25€ / Palcos laterais: 30€ / Palco central e platea: 35€



DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 10 de Novembro de 2018 | 20:30