Cine

Preestrea da curtametraxe CORRE

Preestrea oficial da curtametraxe Corre, protagonizada por Lucía Veiga, Sara Miranda e Saamira Ganay. A continuación da proxección, terá lugar unha actuación musical de Belém Tajes (compositora e intérprete da banda sonora), seguida dun coloquio con parte do equipo técnico e artístico da obra.

Sinopse: Iria, Amira e a súa filla Alex viven nunha Coruña próxima e distópica. Tras a “revuelta de los inadaptados”, estas dúas nais loitan por sacar adiante a súa filla e por sobrevivir nun sistema que nunca imaxinaron posible.

Prezo: De balde ata completar aforo.



DATAS E HORARIOS

  • Mércores, 10 de Xuño de 2026 | 20:00