Música

Recital de Xabier Anduaga

PROGRAMACIÓN LÍRICA DA CORUÑA 2022

 

GIULIO ZAPPA – PIANISTA ACOMPAÑANTE

O tenor donostiarra Xavier Anduaga, brillante gañador do International Opera Award –considerado o Óscar do xénero– como mellor cantante novo de 2020, e antes do Premio Zarzuela Operalia 2019 e tamén ao Mellor Cantante Novo do Concurso International Opera World, visitará novamente a cidade da Coruña, esta vez para ofrecernos un recital de cancións de compositores españois, romanzas e arias de ópera e zarzuela, e composicións de diversos xéneros en Eúscaro acompañado polo pianista Giulio Zappa.

Cun talento fóra do común, unha cegadora beleza vocal, un fraseo sempre impecable, unido a uns agudos prodixiosos moi difíciles de atopar, o novo tenor Anduaga convértese nun dos artistas máis especiais da lírica actual.