Teatro

Recortes, caneos e outras formas de driblar

TEATRO NO COLÓN

 

Recortes, caneos e outras formas de driblar recrea un de tantos partidos de fútbol do século a través do comportamento de xogadores, adestradores, xornalistas, directivos, árbitros, seareiros e demais personaxes principais, secundarios ou figurantes que conforman o espectáculo futbolístico.

O Centro Dramático Galego e Ainé unen forzas para levar ás táboas un texto de José L.Prieto, a partir dun traballo xornalístico de Nacho Carretero sobre o mundo do fútbol e todo o que o rodea, coa dirección de Tito Asorey. Un paseo lúdico, crítico e musical sobre o espectáculo futbolístico que percorre a súa cara máis radiante sen esquecer a máis sombría.

Interpretada por Xosé A. Touriñán, Manuel Cortés, Christian Escuredo, Xoán Fórneas, Isabel Garrido e Sergio Zearreta, Recortes é unha viaxe emocionante ao interior das paixóns futbolísticas a través do humor e a música.

Con músicas orixinais compostas por Vadim Yukhnevich, Recortes, caneos e outras formas de driblar conta coas coreografías de Mónica García, a iluminación de Laura Iturralde, a escenografía de José Faro, ‘Coti’ e o vestiario de Laura Baena. Rosa Moledo é a encargada do asesoramento lingüístico e os deseños son obra de Artur Galocha.

Prezo: ENTRADAS ESGOTADAS



DATAS E HORARIOS

  • Venres, 27 de Xaneiro de 2023 | 20:00
  • Venres, 27 de Xaneiro de 2023 | 23:00
  • Sábado, 28 de Xaneiro de 2023 | 18:00
  • Sábado, 28 de Xaneiro de 2023 | 21:00