Familiar

Rock en Familia: I LOVE ROCK AND ROLL

EN FAMILIA

 

I LOVE ROCK AND ROLL é un espectáculo didáctico de 60 minutos de duración con música en directo. Nel repásase a historia do rock and roll e interprétanse algunhas das cancións máis populares do xénero.

Así, en I LOVE ROCK AND ROLL coñeceremos a historia da música rock facendo parada nas cancións de Elvis Presley, The Beatles, Led Zeppelin, AC/ DC, Guns& Roses e Pearl Jam.

I LOVE ROCK AND ROLL é unha ocasión perfecta para dar a coñecer un xénero musical que forma xa parte das vidas de varias xeracións e que ten un indubidable lugar privilexiado na cultura popular.

A mellor forma de coñecer e aprender é divertirse. Por iso, en I LOVE ROCK AND ROLL pasámolo en grande.