Música

Russian Red

SELECCIÓN NOROESTE

 

A aparición de Russian Rede a mediados da década do dous mil na escena musical española provocou un tsunami no panorama independente nacional descoñecido ata aquel momento. A combinación de talento innato para compoñer, voz privilexiada e carisma natural de Lourdes Hernández non pasou desapercibida para case ninguén.

Este mesmo ano, tras un período sen música nova, Lourdes comezou a compartir cancións que serán recompiladas proximamente nun minielepé de oito cortes. Esas pezas mostran de novo o particular imaxinario da cantante madrileña, demostrando que a súa capacidade de emocionar ao oínte segue intacta. Optando polo castelán por primeira vez, as súas creacións mostran letras de enorme evocación, atmosferas misteriosas e melodías de beleza trémula. Un novo xiro para unha das artistas máis fascinantes e sorprendentes que xamais saísen de España.