Cine

Semana do Cinema Galego | Valentina

SEMANA DO CINEMA GALEGO

 

Sinopse
Valentina soña con ser trapecista, pero cre que nunca poderá conseguilo por ter síndrome de Down. A súa avoa —que lle ensina a xogar ao xadrez e un montón de cancións— anímaa sempre a perseverar: se os vermes conseguen converterse en bolboretas, nada é imposible. Nunca debemos perder a ilusión nin as gañas de aprender; mírame a min- di a avoa- eu aínda estou decidida a ser directora de orquestra algún día! Pero Valentina non está moi convencida, pensa que un verme é demasiado noxento para converterse en bolboreta… Como será esa metamorfose da que fala a avoa? Cando se dispón a preguntarllo, Papá e Mamá danlle unha desconcertante noticia: a Avoa foise de viaxe. De viaxe? Sen se despedir?!

Prezo: De balde ata completar aforo.
Duración: 1h 10min


DATAS E HORARIOS

  • Domingo, 19 de Marzo de 2023 | 11:30

FICHA ARTÍSTICA

  • Dirección: Chelo Loureiro
  • Dirección artística: Cristina Franganillo
  • Produción: Chelo Loureiro, Noa García, Brandán de Brano, Mariano Baratech, Luís da Matta
  • Produtora: Abano
  • Produción asociada: Antaruxa, El Gatoverde Producciones
  • Guión: Lúa Testa, Chelo Loureiro
  • Dirección de animación: Archi Viloria
  • Deseño gráfico: David Pintor
  • Música: Nani García
  • Coa participación de: Andrés Suárez, María Manuela, Pilocha, Uxía, Coke Couto, Lúa Testa, Alicia Rábade, Helga Méndez