Música

SEMUA III Semana das Músicas no Audiovisual

Ciclo Cinema Experience

Concerto en Familia
Interpretado pola Banda de Música Municipal de A Coruña

A SEMUA, Semana das Músicas do Audiovisual, é un festival singular que, baixo a dirección artística do compositor Nani García, dá protagonismo ás músicas para cinema, televisión e outros medios audiovisuais, difundindo as mellores composicións en cada xénero. Esta terceira edición terá lugar do 21 ao 26 de outubro e contará cun programa de clases maxistrais e conferencias dirixidas a profesionais do sector, así como concertos didácticos para os máis pequenos a cargo da Banda Municipal. A Semuá dedicará unha especial atención á figura de José Nieto, autor referencial que traballou cos máis prestixiosos cineastas españois e internacionais. Poderase gozar no CGAI-Filmoteca de Galicia do visionado de dous dos seus traballos comentados polo propio Nieto. Para pór o ramo, o venres 26 de outubro, a OSG ofrecerá un concerto no Teatro Colón no que se interpretarán algunhas das principais partituras de José Nieto así como temas de compositores galegos como Xavi Font, Sergio Moure, Manuel Conde, Manuel Riveiro ou o propio Nani García.

Nesta III Edición, a SEMUA (Semana das Músicas do Audiovisual) abrirá a súa programación o Domingo 21 de Outubro cun concerto no que a Banda Municipal de Música de A Coruña interpretará Bandas Sonoras de curtametraxes galegas e obras universais acompañadas de imaxes e orientadas a público infantil.

Prezo: Gratis



DATAS E HORARIOS

  • Domingo, 21 de Outubro de 2018 | 12:15