Concerto

SES

SES presenta “READMIRANDO A CONDICIÓN”

“Readmirando a condición” é o quinto traballo de SES no que a cantora coruñesa volve a gravar, musicar e arranxar o seu primeiro disco, “Admirando a Condición”, que publicara no 2011.

Este novo CD inclúe ademáis un tema inédito – e homónimo-. Un total de doce temas, dos cales once corresponden ao seu primeiro álbum, que contiña éxitos como “Tempestades de sal” ou “Non son fada”. Desta volta, a cantora dalle un son máis “SES” ao seu disco debut, convertendo aqueles temas nun son, en moitos casos, totalmente diferente, cunha sonoridade máis potente. Estas once cancións foron gravadas desde cero e producidas e arranxadas por ela mesma, a diferenza do primeiro disco.

SES e a súa banda levarán a directo o repertorio íntegro do disco, que no seu momento non tivo unha xira de presentación, e do cal, moitos dos temas, nunca se tocaron en directo con banda, como “Pepa” ou “Fala de mel” ou levan anos sen tocarse, como “De catro a catro” ou “Rolling Stone”.

Prezo: Desde 14€ + gastos de xestión. Venda exclusiva en internet. Estas entradas non se poden adquirir nas taquillas físicas do Teatro Colón.



DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 24 de Febreiro de 2018 | 20:30
  • Domingo, 25 de Febreiro de 2018 | 19:00