MATINAIS -Teatro

SMART

Culturactiva

SMART, como un teléfono intelixente pode convertirte nunha idiota é unha comedia sen palabras arredor do mundo das aplicacións móbiles. Tres pallasas enganchadas ao seu smartphone acoden a unha clínica de rehabilitación para superar a súa adicción.

Desorientadas e sen o seu móbil, terán que aprender de novo a comunicarse e a vivir sen estar aferradas ao celular. SMART é un universo poético e surrealista de iconografía dixital. A través da técnica do videomapping, crean unha escenografía e un atrezzo virtual, un espazo visual e sonoro de apps, pantallas táctiles e sons dixitais, no que se mergullarán as tres estrambóticas pallasas e con elas todo o público.