Circo

Smashed

Ciclo En Familia – Circo Contemporáneo

ESTREA NA CORUÑA

Considerados os reis malabarismo e sempre na vangarda do circo contemporáneo, Gandini Juggling estrean na Coruña Smashed.

Smashed: 80 mazás, 9 malabaristas e 4 xogos de té nun espectáculo inspirado no tanztheatre de Pina Baush, unha serie de viñetas como vellas fotografías, reminiscencias de guerras mundiais, relacións tensas, perda do amor e a inocencia e o estraño encanto dun té a media tarde.

En Smashed, a manipulación da froita prohibida dota dun sagaz enfoque das retortas relacións entre sete homes e dúas mulleres, que amablemente esfolan o malabarismo tradicional e o circo contemporáneo.

Estreado no festival Watch this Space do Teatro Nacional de Londres en 2010, Smashed consiste nun espectáculo que inclúe 9 malabaristas do máis alto nivel, 100 mazás vermellas e unha banda sonora composta de cancións desde Tammy Wynette, pasando polo Music Hall e Bach. Unha serie de fílmicas escenas nostálxicas que exploran o conflito, as tensas relacións, a perda do amor e o té da tarde. Inspirado no traballo da gran coreógrafa Pina Bausch, dirixido por Sean Gandini e Kati Ylä- Hokkala, os cales toman prestados elementos da súa coreografía xestual e combínanos con intrincados patróns e fervenzas en solitario, así como malabares de conxunto. Ao evocar simultaneamente, gran pracer e lixeiro desasosego, “Smashed” acaba coas ríxidas convencións da etiqueta, o vestido e a linguaxe corporal. O resultado, un novo hibrido de malabares, interpretado con meticulosidade e unísono, coordinado ata a fracción de segundo. Esta obra divertida, inventiva e de carácter, semellante á danza teatro, cuestionará a súa percepción sobre o malabar contemporáneo.

GANDINI JUGGLING

Formada en 1992 polos malabaristas de renome mundial Sean Gandini e Kati YläHokkala, Gandini Juggling continua estando na vangarda do circo contemporáneo, reinventando e revigorizando o malabarismo do século XXI. Gandini celebra o malabarismo en todas as súas facetas, explorando os malabares non só no que son senón tamén no que poden ser.

Desde os seus comezos, os Gandinis representaron 5.000 espectáculos en 50 países. Continúan actuando nos máis prestixiosos festivais e teatros de todo o mundo.

A compañía xira actualmente 4×4, Smashed e 8 Songs mentres se embarca nas novas creacións Spring e Sigma e continúa colaborando con compositores e creadores de todo tipo. Entre as colaboracións máis destacadas atópase a recentemente premiada Aknhaten, de Philip Glass, Premio Ólivier á mellor produción de ópera en 2017.


Fotografía: Ludovic des Cognets.

Prezo: Principal (fila 1): 6€ / Principal: 8€ / Palcos laterais: 10€ / Palco central e platea: 14€



DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 27 de Outubro de 2018 | 19:00