Teatro

Smoking Room

Ciclo Teatro no Colón

Con Carlos Chamarro, Secun de la Rosa, Pepe Ocio, Canco Rodríguez, Nico Romero e Felipe G. Vélez. Director: Roger Gual.

A sucursal española dunha empresa americana é obrigada a pór en vixencia a prohibición de fumar dentro das súas oficinas. A partir dese momento, quen queira fumar en horario laboral deberá facelo na rúa. Ramírez, un dos empregados desta pequena oficina composta principalmente por homes, decide empezar a xuntar sinaturas contra o que considera inxusto e fóra de lugar. O que pretende Ramírez é que se utilice unha sala desocupada na oficina como sala de fumar. Ou ‘Smoking Room’, como din os americanos. En aparencia, todos están de acordo e vano apoiar. Con todo, no ‘tête a tête’ con cada un dos empregados, Ramírez atópase cunha serie de escusas para evitar formar parte desa listaxe. O certo é que a maioría de escusas para non asinar na listaxe da smoking room esconden outras. A partir desta situación, vemos que case todos teñen algo que ocultar. Ramírez manterase inconsciente en case todos os casos. A obra de teatro mostra en diferentes planos a batalla de cada un cos seus propios problemas. Este mundo de pequenas intrigas acabará explotando e producindo as súas vítimas.

 

 

 

Prezo: Principal (fila 1): 16€ / Principal: 18€ / Palcos laterais: 22€ / Palco central e platea: 26€



DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 20 de Outubro de 2018 | 20:30