Monólogos

Somos criminais 3

Somos criminais no sentido menos criminal da palabra? Temos unha maneira propia de ser e de estar? Somos diferentes, somos parecidos ou somos iguais aos demais? Son certos os tópicos que hai sobre nós? É verdade que respondemos ás preguntas con preguntas? Non se sabe se subimos ou se baixamos?

En Somos Criminais 3, Carlos Blanco e Xosé Touriñán analizan Galicia e os seus habitantes para saber como somos e para saber por que somos como somos.

Logo do éxito da xira de presentación, Somos Criminais 3 volve á carga nunha segunda xira por toda Galicia.

Prezo: Entradas esgotadas.



DATAS E HORARIOS

  • Venres, 9 de Xuño de 2023 | 20:30
  • Venres, 9 de Xuño de 2023 | 23:00
  • Sábado, 10 de Xuño de 2023 | 18:00
  • Sábado, 10 de Xuño de 2023 | 20:30