Concerto

Son galego, Son cubano

Roi Casal

Son galego, Son cubano, o gran espectáculo musical entre Galicia e Cuba, foi presentado no Gran Teatro da Habana (Palacio do Centro Galego) no mes de maio de 2016 con dous memorables concertos. Un show inesquecible con letras de Neira Vilas e a posta en escena dos mellores músicos de ámbolos dous países, que foi visto en directo por máis de 60.000 persoas dende o seu estreo en Cuba.

Roi Casal traballou conxuntamente neste espectáculo con Neira Vilas ate o falecemento deste último en novembro de 2015. A xira é considerada unha fermosa homenaxe ao propio Neira Vilas e á emigración galega en Cuba, onde o escritor residiu 31 anos da súa vida para deixar rexistrada en varias das súas obras a incrible epopea dos galegos na illa caribeña.

Prezo: Palcos VL: 6 € / Principal: 9 € / Palcos centrais: 12 € / Platea: 15 €



DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 3 de Febreiro de 2018 | 20:00