Cine

Stop Making Sense

CINEMA EXPERIENCE / CARTA BLANCA A CHEMA PRADO

 

Filme documental cunha innovadora aproximación a un concerto que The Talking Heads deron en 1983, na súa xira do álbum Speaking in Tongues. O líder da banda, David Byrne, referíase despois á película nestes termos: “A habilidade de Jonathan foi ver o concerto case como se dunha obra de teatro se tratara, presentando os distintos personaxes e as súas rarezas aos espectadores. Así acabas por coñecer os membros do grupo como as persoas que son, cada un coas súas singularidades. Fanse amigos teus, por así dicilo”.

EN COLABORACIÓN CO CGAI.

Prezo: Acceso gratuito ata completar aforo.



DATAS E HORARIOS

  • Venres, 26 de Abril de 2019 | 20:30

FICHA ARTÍSTICA

Data da estrea: 18 de outubro de 1984 (Nova York) Director: Jonathan Demme Cinematografía: Jordan Cronenweth Música composta por: Talking Heads, David Byrne, Tina Weymouth, Jerry Harrison, Chris Frantz Premios: National Society of Filme Critics Award á Mellor Película de Non Ficción